Formación
Cursos 
VI Xornada de Literatura de Tradición Oral: Historias, mitos e monstros do mar de Galicia
Imprimir
VI Xornada de Literatura de Tradición Oral: Historias, mitos e monstros do mar de Galicia  (8 Horas)
Matrícula:  Desde 09/10/2013 até 08/11/2013(o formulario de matrícula estará activo só entre esas datas).
Calendario:  Desde 09/11/2013 até 09/11/2013.
Horario: Mañá de 09:45 a 14:00 e tarde de 16:30 a 20:30h.
Lugar de celebración: Salón de actos da Deputación Provincial de Lugo (rúa San Marcos, 8)
Número de prazas: 100
Prazas para persoas que nunca traballaran como docentes en centros públicos ou concertados da Consellería de Educación:
      Prazas reservadas: 32%       Número máximo de prazas: 32%
Coordenadores: 32787222D 76415434G
Modalidade formativa: Xornadas
Obxectivos previstos:
•Descubrir o mar como espazo xeográfico-cultural consubstancial coa idiosincrasia ou maneira de ser dos galegos e galegas. •Descubrir e comprender a pegada desta prolongada relación histórica a través de achados arqueolóxicos, toponimia, mitoloxía, ritos, crenzas ou sucedidos tanto reais como imaxinarios. •Analizar as relacións de carácter económico, relixioso ou cultural que mantivemos con outras comunidades culturais a través do mar e das actividades vinculadas ao mar. •Facer uso da oralidade e da memoria de vida como recurso, mesmo afectivo, para dialogar co noso pasado máis inmediato e cos seus protagonistas. •Capacitar o profesorado para comprender e transmitir os valores da nosa cultura mariñeira, así como sensibilizalos sobre os seus valores para a formación das novas xeracións.
Contidos:
09.45 Entrega material e recepción. 10.00 - 11.30 Conferencia Aceite, madeira e boinas. A talasonimia dos naufraxios de mar dos galegos. Un percorrido polos nomes da beiramar galega e explicaremos a súa orixe, en moitos dos casos vinculada a accidentes xeográficos, outros a desastres con graves perdas de vidas e facendas, pero tamén, moitas máis veces das que puideramos supoñer, a sucedidos curiosos que van camiño do esquecemento. Xosé Lois Vilar Pedreira Activista cultural, arqueólogo, historiador, experto en toponimia e na lingua dos cabaqueiros, etnógrafo e empresario da froita. Xosé Lois Vilar, O Pataqueiro, é, sobre todo, un infatigable animador cultural no Val Miñor, presidente da asociación SOS Groba e subdirector do Instituto de Estudos Miñoranos. 11.30 - 13.00 Conferencia Naufraxios literarios e reais Será un percorrido polo mundo do mar achegado aos desastres mariños preto do noso litoral: frases usuais, citas, refráns, modelos de textos con referencias literarias, autores que escribiron sobre naufraxios, declaracións ou protestas de mar e o proceso de fixación histórica dos desastres en Galicia. Unha intervención moi sinxela ante a imposibilidade de tratar en profundidade tan inxentes aspectos relacionados co tema a tratar. Hixinio X. Puentes Novo Natural do Porto do Barqueiro (1952). Mestre de primaria en exercicio. Oficios diversos e temporais, mesmo mariñeiro nos buques mercantes. Investigador na historia do seu concello. Toda a súa obra narrativa está en lingua galega. 13.00 - 14.00 Mesa redonda A memoria naufragada Xosé Lois Vilar Pedreira e Hixinio X. Puentes Novo Modera: Antonio Reigosa Oportunidade para que o público asistente poida facer preguntas, así como para o moderador pór en relación as dúas conferencias previas e así ampliar puntos que se consideren de especial interese. 16.30 - 17.30 Conferencia acordeón de Antuerpe. Xeografía xeral do mar de Galiza Pártese dunha referencia pouco divulgada: a obsesión que tiñan os homes da Xeración Nós (Castelao, Otero, Amado Carballo) polas cousas do mar. En concreto polo porto nortense de Antuerpen, que os tres citan na súa obra e que, polo tanto, converten naqueles anos 20 nun espazo máis da literatura galega. Aínda máis, en Arredor de si, Otero Pedrayo sitúa precisamente aquí a conversión definitiva e o recoñecemento como galego de Adrián Solovio, cando «camiñando só pola noite antuerpiana» escoita esta cantarela que vén dun barco amarrado no peirao: «Lanchiña que vas en vela / levas panos e refaixos para a miña Manuela». Ou sexa, dun xeito simbólico, Otero Pedrayo sitúa en Antuerpen o nacemento da propia Xeración Nós. A partir de aquí construirase un mapa do mundo a través das historias de moitos mariñeiros: a descuberta do volcán de Porcupine e dos novos caladoiros do Gran Sol (por Serafín Mourelle); Capetón, Mozambique e a FRELIMO (por Mesejo de Fisterra); os pangueiros de Baiona no Océano Índico; ou Manuel Cociña (de Perlío) e a Canle de Panamá. Xurxo Souto A Coruña, 1966. Músico e escritor, licenciado en filoloxía clásica. 17.30 - 19.00 Conferencia Imaxinarios da flota bacallaeira nos grandes Bancos de Terranova Nesta presentación mostrarase un percorrido interxeneracional onde se sinalará a estadía da nosa flota bacallaeira nos Grandes Bancos de Terranova, desde os seus comezos até a moratoria en 1992. O obxectivo é mergullármonos en como viviron os homes que alí traballaron, como se adaptaron ás condicións climáticas, á vida a bordo, aos problemas políticos que xurdiron. Todo iso desde dentro do barco para sentir o ambiente que respiraron estes homes e como todo vai cambiando polas mudanzas que experimentaron desde a incorporación tecnolóxica, a gran concorrencia, até o colapso do bacallau. Rosa García-Orellán Doutora en antropoloxía social e cultural pola Universidade do País Vasco no ano 2001. De 2002 a 2008 investigou na Memorial University of Newfoundland (Canadá) a situación pesqueira nos Grandes Bancos de Terranova. Traballa como profesora da Universidade Pública de Navarra desde 2010. 19.00 - 20.00 Mesa redonda Andar o mar. As pegadas do salitre Xurxo Souto e Rosa García-Orellán Modera: Isidro Novo Oportunidade para que o público asistente poida facer preguntas, así como para o moderador pór en relación as dúas conferencias previas e así ampliar puntos que se consideren de especial interese. 20.00 - 20.30 Recital poético. Transfusión Oceánica Recital poético multimedia Xosé Iglesias Poeta do mar, natural de Cee, patrón de pesca de altura.
Metodoloxía que se vai empregar:
•Análise de diferentes casuísticas relacionada co mundo do mar, desde naufraxios ata arriscadas travesías por mor da pesca ou doutras actividades comerciais. •Posta en común de diferentes experiencias e investigacións sobre o mar e as xentes do mar. •Analizar a singradura polos mares do mundo das historias que teñen como protagonistas a galegos/as. • Propoñer o estudo da memoria das xentes do mar e de todo o relacionado co mar como axente motivador de actividades de carácter creativo coma a literatura en todos os seus xéneros.
Plano de avaliacion da actividade:
- Asistencia ao 85% das horas. - Seguimento do desenvolvemento da actividade. - Entregarase unha enquisa que será cuberta polos/as asistentes.
Destinatarios:
Profesorado do ensino non universitario e futuros ensinantes do ensino non universitario.
Criterios de selección:
Por rigorosa orde de inscrición en www.as-pg.com , tendo preferencia os socios-as da AS-PG e da AELG.
Tipo e ámbito de difusión:
Enviarase información aos socios-as da AS-PG, da AELG e aos centros de ensino de Galicia, públicos e privados.
Importe da matrícula e tipos:
Gratuíta : 0 €