XVII XORNADAS DE EXPRESIÓN ORAL
(8 Horas)
|
Matrícula:
Desde
02/11/2016
até
25/11/2016(o formulario de matrícula estará activo só entre esas datas).
|
Calendario:
Desde
26/11/2016
até
26/11/2016.
|
Horario:
De 10 a 14h e de 16 a 20h
|
Lugar de celebración:
IES As Fontiñas, R/ Estocolmo 5. Santiago de Compostela
|
Número de prazas:
100
|
Prazas para persoas que nunca traballaran como docentes en centros públicos ou concertados da Consellería de Educación:
|
Prazas reservadas:
25%
Número máximo de prazas:
25%
|
Coordenadores:
32791362D
32792466D
|
Modalidade formativa:
Xornadas
|
Obxectivos previstos:
-Proporcionar aos/ás asistentes técnicas básicas para estimular e traballar a oralidade nas aulas.
-Dar pautas para a creación de historias ou ben para recrear historias de carácter popular.
-Traballar aqueles aspectos básicos da comunicación oral e intentar introducir novas formas de comunicación.
|
Contidos:
PROGRAMA
09:45h – 10:00 Recepción e entrega de material
De 10:00 a 12:30: O Projeto regueifesta: improvisar para transformar o caminho da lingua, Séchu Sende , Manolo Maseda e Alba María.
Com a intençom de criar umha regueifa expansiva, a Regueifesta chega ao Tira-lhe da língua na procura de persoas com vontade de transformar através dum princípio de base: o processo educativo tamém deve ser um processo de participaçom direta e compartida de alunado, professorado e outros agentes. Desde a raiz da identidade própia improvisamos para ser mais livres.
De 12:30 a 14:00: "A língua das árbores". Anxo Moure, O Carballo con Botas.
As árbores falan, contan historias cando o vento move as polas ou a chuvia cae nas follas. As árbores tamén teñen nome, mesmo algunha delas media ducia.
O contacontos Carballo con Botas, fai unha proposta lúdico pedagóxica para achegar o mundo da escola ao falar de teixos, acivros, freixos, buxos, sobreiras... Aprender a "atrapar contos", cociñar historias que alimentan a imaxinación, que nos dan raíces de bosque.
De 16:00 a 18:00. O potencial da radio na aula, Carmen Novas da Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (Agareso).
As metodoloxías educomunicativas veñen revelándose eficaces non só para traballar contidos, entre eles os da formación en valores, senón tamén habilidades coma a expresión oral ou as competencias lingüísticas. Reflexionaremos sobre algunhas claves e exemplos da comunicación para o cambio social e remataremos poñendo en práctica a teoría cun miniobradoiro de cuñas radiofónicas.
De 18:00 a 20:00 : Aulas sen paredes: unha nova metodoloxía para o ensino e aprendizaxe de lingua, Rosalía Fernández Rial, profesora e poeta
Sesión teórico-práctica na que se expoñerán primeiro as coodenadas epistemolóxicas nas que nos situamos para a continuación desenvolver un obradoiro cunha dinámica concreta na que se empregará a expresión dramática e teatral como ferramenta pedagóxica para o ensino e aprendizaxe da oralidade e a expresión corporal nas áreas de linguas.
Ás 20:00 Clausura
|
Metodoloxía que se vai empregar:
-Realización práctica de actividades arredor da escrita creativa, da actividade escénica e a música como recursos nas clases de lingua e literatura.
-Presentación de recursos útiles para a narración oral.
|
Plano de avaliacion da actividade:
- Asistencia ao 85% das horas.
- Seguimento do desenvolvemento da actividade.
- Cumprimentación dunha enquisa por parte dos/as asistentes
|
Destinatarios:
Profesorado do ensino non universitario e futuros ensinantes do ensino non universitario.
|
Criterios de selección:
Por rigorosa orde de inscrición en www.as-pg.gal , tendo preferencia os socios/as da AS-PG.
|
Tipo e ámbito de difusión:
Enviarase información aos socios/as da AS-PG e aos centros de ensino.
Publicitarase na páxina web da AS-PG.
|
Importe da matrícula e tipos:
Gratuíta : 0
|