PROGRAMA
9:45-10:00 h. Recepción e entrega de material
10:00-12:00 h. Marco lexislativo. recursos dispoñibles
Rosa Campos Briones, Psicóloca-directora do Centro de Información á Muller do Concello de Pontevedra.
Análise da violencia de xénero dende o marco lexislativo: Que permiten as leis, e que non permiten, cara a prevención e tratamento da violencia contra a muller? A importancia de coñecer e aplicar o marco lexislativo que temos.
Recursos disponibles na nosa comunidade.
12:00-14:00 h. Educar en igualdade… é posible!
Luisa Márquez Rodríguez, profesora de Xeografía e Historia no IES Luís Seoane (actualmente xubilada), responsable do PEA-UNESCO no mesmo por 20 anos e coordinadora do Comité UNESCO. Coordinadora Galega das Escolas Asociadas da UNESCO.
Alba Lorenzo García, estudou no IES Luís Seoane de Monte Porreiro,participando en proxectos e intercambios como membro do Comité UNESCO.
É posible educar na igualdade entre mozas e mozos e combater a violencia nas relacións interpersonais, identificando os sinais e reforzando as relacións en pé de igualdade. Neste proceso é imprescindible e decisivo o compromiso das mozas e dos mozos.
16:00-18:00 h. Coeducando, conxugamos futuro!
Carme Moure, profesora de ensino secundario, con ampla experiencia en labor coeducativo nas aulas.
Levar a Coeducación ás aulas é previr as violencias machistas porque só a Coeducación protexe do machismo. De aí que sexan tan urxentes actuacións individuais e colectivas nos centros educativos do país. Precísanse equilibrar as carencias e excesos das mochilas de xénero do noso alumnado, converténdoo así en suxeito activo de igualdade e prevención. Acadar isto implica, nas aulas, a necesidade de ensinar desde currículos igualitarios e levar a cabo labores coeducativos a nivel colectivo; só así axudaremos á construción dunha socidade igualitaria.
18:00-20:00h. Sensibilizar, previr e detectar as violencias de xénero no sistema educativo.
Carmen Ruíz Repullo, Doutora en Socioloxía, experta en Xénero e Igualdade de Oportunidades pola Universidade de Granada.
Por que a violencia de xénero estase (re)producindo nas idades máis novas?, cales son os factores actuais que están incidindo na reprodución desta problemática social?, que causas e mecanismos sosteñen e producen a violencia de xénero nas mozas adolescentes?, que modelo de masculinidade adolescente protagoniza a violencia de xénero?
Nos últimos anos estamos asistindo a unha exposición case cotiá de datos e cifras que sitúan a violencia de xénero na adolescencia nunha problemática que require urxentes respostas. A violencia de xénero nestas idades é unha realidade que marcou unha liña de actuación en materia de prevención, detección e intervención. Con todo, queda moita información por coñecer sobre os mecanismos que lexitiman e reproducen esta problemática social. Traballar coa adolescencia, desde a adolescencia, é o gran reto desta formación, achegarnos para coñecer, detectar e especialmente, previr a violencia de xénero nestas idades
Ás 20:00 Clausura