Formación
Cursos 
XI Xornada de Literatura de Tradición Oral. O rol da muller na Literatura de Tradición Oral
Imprimir
XI Xornada de Literatura de Tradición Oral. O rol da muller na Literatura de Tradición Oral  (8 Horas)
Matrícula:  Desde 25/09/2018 até 31/10/2018(o formulario de matrícula estará activo só entre esas datas).
Calendario:  Desde 27/10/2018 até 27/10/2018.
Horario: Mañá de 10:15 a 14:00 e tarde de 16:00 a 20:30h.
Lugar de celebración: Salón de actos da Deputación Provincial de Lugo (Rúa San Marcos, 8,27001, Lugo)
Número de prazas: 100
Prazas para persoas que nunca traballaran como docentes en centros públicos ou concertados da Consellería de Educación:
      Prazas reservadas: 30%       Número máximo de prazas: 30%
Coordenadores: 76415434G 32787222D
Modalidade formativa: Xornada
Obxectivos previstos:

1. Achegar ao profesorado coñecementos para o seu traballo na aula en relación coa cultura popular tradicional.
2. Facilitar un foro de reflexión para comprender e transmitir os valores da nosa cultura.
3. Incidir en prácticas e coñecementos que posibiliten o desenvolvemento de habilidades cognitivas en relación coa cultura popular.
4. A importancia do coñecemento destes temas da cultura transmitida por vía oral na formación do alumnado.
5. Formas e xéneros sobre cuestións de xénero na Literatura de Tradición Oral.

Contidos:

10.15 Recepción, entrega de material e inauguración

10.30-11.30 Conferencia
A muller habelenciosa dos contos orais: Princesas e labregas
Camiño Noia

11.30-12.30 Conferencia
Muller que sabe latín, non serve para min
Estefanía A. Lodeiro Paz

12.30-14.00 Mesa redonda
A muller imaxinada como paradigma da muller de carne e óso
Camiño Noia e Estefanía A. Lodeiro Paz
Coordina: Antonio Reigosa

16.00-17.00 Conferencia
Meigas: as mulleres sanadoras contra a orde masculina
Anxos Sumai

17.00-18.00 Conferencia
Pendentes de Ouro Negro
Grupo de traballo Mulleres e Wolframio (Faia Díaz Novo e Helena Salgueiro Golán)

18.00-19.30 Mesa redonda
Botando as contas da leiteira. Fantasía ou crúa realidade?
Anxos Sumai e Grupo de traballo Mulleres e Wolframio
Coordina: Lois Pérez

19.30-20.30 Sesión práctica
Regueifa 2.0. Educando en igualdade
Alba María e Lupe Blanco

 

Plano de avaliacion da actividade:

- Asistencia ao 85% das horas.
- Seguimento do desenvolvemento da actividade.
- Entregarase unha enquisa que será cuberta polos/as asistentes.

Destinatarios:

Profesorado do ensino non universitario e futuros/as ensinantes.

Criterios de selección:

Por rigorosa orde de inscrición, tendo preferencia os socios-as da AS-PG e da AELG.

Importe da matrícula e tipos:
Gratuíta : 0 €