Formación
Cursos 
III Xornada de Literatura Dramática. A palabra teatral nas aulas
Imprimir
III Xornada de Literatura Dramática. A palabra teatral nas aulas  (8 Horas)
Matrícula:  Desde 29/10/2018 até 14/12/2018(o formulario de matrícula estará activo só entre esas datas).
Calendario:  Desde 24/11/2018 até 24/11/2018.
Horario: Mañá de 09:45 a 14:00 e tarde de 16:00 a 20:30 h.
Lugar de celebración: Espazo Normal da Universidade da Coruña (Paseo de Ronda, 47).
Número de prazas: 50
Prazas para persoas que nunca traballaran como docentes en centros públicos ou concertados da Consellería de Educación:
      Prazas reservadas: 30%       Número máximo de prazas: 30%
Modalidade formativa: Xornada
Obxectivos previstos:

1. Achegar ao profesorado coñecementos para o seu traballo na aula en relacion coa literatura dramática contemporánea.
2. Facilitar un foro de reflexión útil ao profesorado para comprender e transmitir os valores lúdicos e educativos do xogo que propoñen os textos teatrais.
3. Incidir en prácticas e coñecementos que posibiliten o desenvolvemento de habilidades cognitivas en relación coa práctica teatral. O teatro como vía de coñecemento e pracer.

Contidos:

09:45 Recepción, entrega de documentación e inauguración

10:00-11:15 Mesa redonda
A literatura dramática galega no último cuarto do século XX
Manuel Lourenzo e Henrique Rabuñal
Breve presentación: Xesús Pisón
Nesta mesa contarase coas achegas de dous protagonistas da literatura dramática de finais do século XX (con diferentes perspectivas e idades), en forma de diálogo fluído entre eles, coa intención de que o público teña acceso directo ao testemuño persoal da situación deste xénero naquela época.

11:25-12:40 Mesa redonda
A literatura dramática galega nas primeiras décadas do século XXI
AveLina Pérez, Eva Ferreira
Moderación: Afonso Becerra
Como continuación da mesa anterior, contaremos con voces relevantes do panorama da literatura dramática deste século, quen afondarán no momento actual deste xénero, indagando tamén no que nos pode deparar o futuro inmediato.

12:45-14:00 Mesa redonda
O teatro nas aulas
Fran Godón e Raquel Castro
Moderación: Rosalía Fernández Rial
A mesa abordará as relacións entre a literatura dramática e o ensino, contando coa participación de persoas vinculadas simultaneamente a estas dúas facetas, buscando as sinerxías precisas para o presente e futuro.
16:00-18:15 Festival Pezas dun teatro do porvir
Procesos abertos de escrita dramática
Convocatoria aberta a 4 dramaturgas/os que estean a escribir algunha peza nova ou que teñan unha peza recente e queiran abrila ao público amosando un fragmento ou mostra desta
Terá lugar unha exposición ou mostra dun fragmento ou mostra da peza (máximo de 15 minutos), e haberá un tempo complementario para un breve debate ou conversa ao seu respecto (máximo 15 minutos)
As presentacións faranse no formato que cada dramaturga/o considere máis axeitado á peza que vai amosar a través dun fragmento desta.
No breve debate posterior ás presentacións buscaríase coñecer a reacción do público, nun diálogo que, quizais, poida servir para enriquecer, por parte da/o dramaturga/o, o acabado desas pezas en proceso.

18:30-20:30 Clase maxistral
José Maria Vieira Mendes
Textos e contextos no teatro portugués actual
Presentación: Cilla Lourenzo Modia.
Posterior coloquio co público
Aberta a todas as persoas interesadas. O autor falará sobre as relacións entre literatura e o teatro, centrándose nos textos e contextos no teatro portugués actual, e posteriormente manterá un coloquio co público asistente.

Plano de avaliacion da actividade:

- Asistencia ao 85% das horas.
- Seguimento do desenvolvemento da actividade.
- Entregarase unha enquisa que será cuberta polos/as asistentes.

 

Destinatarios:

Profesorado do ensino non universitario e futuros/as ensinantes

Criterios de selección:

Por rigorosa orde de inscrición, tendo preferencia os socios-as e afiliados-as á AS-PG e á AELG.

Importe da matrícula e tipos:
Gratuíta : 0 €