Formación
Cursos 
XORNADAS PATRIMONIO E MEMORIA
Imprimir
XORNADAS PATRIMONIO E MEMORIA  (8 Horas)
Matrícula:  Desde 28/01/2019 até 07/02/2019(o formulario de matrícula estará activo só entre esas datas).
Calendario:  Desde 07/02/2019 até 28/02/2019. Días 7, 14, 21 e 28 de febreiro de 2019.
Horario: De 19:30 a 21:30h.
Lugar de celebración: Local da A. C. Alexandre Bóveda. A Coruña
Número de prazas: 50
Prazas para persoas que nunca traballaran como docentes en centros públicos ou concertados da Consellería de Educación:
      Prazas reservadas: 30%       Número máximo de prazas: 30%
Coordenadores: 33230641B
Modalidade formativa: Xornadas
Obxectivos previstos:

• Divulgar  e descubrir o noso patrimonio que é memoria do que fomos para explicar o presente e proxectar o futuro.
• Pensar os museos en clave de diversidade e igualdade, espazos abertos, dinámicos e accesibles.
• Descubrir a transformación da toponimia ao longo da historia.
• Revelar figuras de mulleres galegas, mestras algunhas, valentes e represariadas polo feito de ter conciencia do poder transformador da educación. 

Contidos:

Xoves, 7 de 19:30h. a 21:30h.
1. “ patrimoniogalego.net un catálogo social do patrimonio cultural de Galicia"
 Soledad Felloza, integrante do proxecto A Enciclopedia do Patrimonio de Galicia
Patrimoniogalego.net é un Sistema de Información  Xeográfica (SIX) que nace co obxectivo de elaborar un Catálogo Social do Patrimonio Cultural galego, estruturado por comarcas, concellos, pero no que tamén podes recuperar a información por tipo de ben cultural, por cronoloxía... É como unha Wikipedia do Patrimonio.

Xoves 14 de 19:30 a 21:30h.
2. “Perigo! Os museos Inclusivos transforman sociedades e territorios.”
Encarna Lago González, xerente da Rede Museística Provincial de Lugo.
O museo “foi”  a institución privilexiada dunha clase determinada, o espazo onde se conservou o coñecemento e a historia “oficial”, e, aínda que isto mudou debe mudar aínda máis. Temos por diante o reto de reformular a institución en clave de diversidade e igualdade. Debemos profundar na idea dun patrimonio, dun museo expandido, aberto, flexíbel, dinámico e accesíbel á expresión humana.


Xoves 21 de 19:30 a 21:30h
3. Recuperarmos a memoria da Coruña a través da toponimia
Relator: Iván Méndez López, traballador no ámbito de dinamización e normalización lingüística. Investigador.
Un dos recursos máis importantes para coñecermos a identidade pasada é a toponimia.  O relatorio tentará achegar o valor da riqueza toponímica  dun concello como A Coruña, ao mesmo tempo que ponderará a recuperación do noso nomenclátor como elo de unión co noso pasado.


Xoves 28 de 19:30 a 20:30h.
4. Presentación da colección MULLER(ES) DE PALABRA 
Relatoras: Mercedes Queixas Zás, secretaria da AELG e Encarna Otero, profesora e estudosa da vida e obra de moitas mulleres.
Neste caso, ábrese a colección con  tres mulleres de pensamento, obra e acción que traballaron polo progreso, a igualdade e unha sociedade máis xusta. Tres mulleres cun traballo  comprometido en defensa dun ensino de calidade para todas as clases sociais que sufriron a represión franquista dun xeito terrible:
Mercedes Romero Abella, Elvira Bao e María Miramontes

Metodoloxía que se vai empregar:

A metodoloxía a seguir será de exposicións teóricas, seguidas dun coloquio.

Plano de avaliacion da actividade:

Recollerase unha enquisa na que se valorarán os seguintes aspectos: cumprimento dos obxectivos da actividade, metodoloxía empregada na actividade, valoración de datas, horarios, espazos ou materiais empregados

Destinatarios:

Profesorado non universitario galego

Criterios de selección:

Por orde de inscrición.

Tipo e ámbito de difusión:

A través de trípticos e correos electrónicos que se enviarán aos centros e a asociadas e asociados.

Importe da matrícula e tipos:
Gratuíta : 0 €