Formación
Cursos 
XXII XORNADAS DE EDUCACIÓN INFANTIL
Imprimir
XXII XORNADAS DE EDUCACIÓN INFANTIL  (8 Horas)
Matrícula:  Desde 03/04/2019 até 30/05/2019(o formulario de matrícula estará activo só entre esas datas).
Calendario:  Desde 27/04/2019 até 27/04/2019.
Horario: D9:45 a 14h e de 16:00 a 20:00h
Lugar de celebración: IES As Fontiñas
Número de prazas: 100
Prazas para persoas que nunca traballaran como docentes en centros públicos ou concertados da Consellería de Educación:
      Prazas reservadas: 30%       Número máximo de prazas: 30%
Coordenadores: 32791362D 32792466D
Modalidade formativa: Xornada
Obxectivos previstos:

.- Estas xornadas pretenden aportar recursos para traballar na etapa de educación
infantil coa finalidade de desenvolver todas as capacidades e potencialidades das
nenas e nenos.
.- Intercambio de experiencias entre o profesorado que enriquecen o seu traballo diario.

Contidos:

PROGRAMA
De 9:45 a 10h: Recepción e entrega de material.


De 10h-12h: Exercitar o pensamento de xeito lúdico. Mar Santiago, profesora do CEIP Emilia Pardo Bazán
Trátase de enfrontarse ao reto de acompañar aos nenos e nenas a medrar nun mundo tan complexo como o noso, dun xeito distentido, reflexionando sobre o que acontece ao seu arredor, intercambiando preguntas e respostas, a aula convértese nun espazo onde dialogar democráticamente e romper patróns de pensamento que non admitan a existencia do insólito, do imprevisto ou do inesperado.


12h-14h: O espazo como terceiro educador. Inés Fernández Núñez da E.E.I A Galera de Oleiros
Entendemos o espazo como un lugar no que a nena e o neno poidan identificarse para crear novas experiencias mediante o xogo creativo e espontáneo, o xogo serve como mediador entre a nena e o neno e a súa contorna para satisfacer á necesidade de enfrontarse á realidade e transformala. Deste modo presentaremos distintos espazos escenógraficos dentro das salas da Escola, espazos para experimentar, compartir, construir, transformar, interactuar...


16h00-1800h. De aquí para alí, Ruth Caramés de Fabaloba, http://aliali.gal
De xeito lúdico e participativo, iremos dando conta dos recursos dos que dispomos profesionais e familias para a educación das pequenas e pequenos de 0 a 6 anos. Amosaremos unha manchea de materiais a través de contos, xogos e outras actividades que poderán servir de inspiración para a posterior aplicación na aula ou na casa.


18h00-20h00: A volta ao mundo. Soledad Felloza, contadora e actriz.
“O mundo existe dende o momento que o contamos. O mundo necesita que o conten para existir. Cada palabra non dita é un anaco de nós, do noso que esvaece”


20:00h. Clausura

Metodoloxía que se vai empregar:

As persoas que van impartir os distintos obradoiros contan con ampla experiencia profesional, baseando as súas intervencións na comunicación oral, na súa práctica e na interrelación co público asistente.

Plano de avaliacion da actividade:

Asistencia ao 85% das horas.
Seguimento do desenvolvemento da actividade.
Cumprimentación dunha enquisa por parte dos/as asistentes.

Destinatarios:

Profesorado do ensino non universitario e futuros ensinantes.

Criterios de selección:

Por rigorosa orde de inscrición en www.as-pg.gal e www.cig-ensino.gal tendo preferencia os socios/as da AS-PG e da CIG-Ensino.

Tipo e ámbito de difusión:

Enviarase información a socios/as da AS-PG, CIG-Ensino e aos centros de ensino.
Publicitarase na páxina web da AS-PG/CIG-Ensino

Importe da matrícula e tipos:
Gratuíta : 0 €