Formación
Cursos 
XVIII XORNADAS DE LINGUA E LITERATURA
Imprimir
XVIII XORNADAS DE LINGUA E LITERATURA  (8 Horas)
Matrícula:  Desde 03/04/2019 até 25/04/2019(o formulario de matrícula estará activo só entre esas datas).
Calendario:  Desde 27/04/2019 até 27/04/2019.
Horario: De 9:45 a 14:00 e de 16:00 a 1930
Lugar de celebración: IES As Fontiñas. Santiago de Compostela
Número de prazas: 200
Prazas para persoas que nunca traballaran como docentes en centros públicos ou concertados da Consellería de Educación:
      Prazas reservadas: 25%       Número máximo de prazas: 25%
Coordenadores: 35310267T
Modalidade formativa: Presencial
Obxectivos previstos:

Achegar información sobre o autor homenaxeado o día das Letras Galegas: Antón Fraguas.

Reflexionar sobre a situación socilingüística da lingua galega

Dar a coñecer a obra dunha escritora actual: Ledicia Costas.

Transmitir recursos para traballar na aula a literatura en relación coa muller.

Achegar recursos para o traballos dos comentarios filolóxico, lingüístico e literario.

Achegar recursos para a renovación  pedagóxica da lingua e da literatura.

Mellorar o coñecemento das ferramentas dixitais dispoñíbeis en relación coa materia.

Contidos:

LITERATURA E XÉNERO.

LEDICIA COSTAS. A AUTORA FAL A DA SÚA OBRA.

ESTADO ACTUAL DA LINGUA GALEGA NO ENSINO. ALTERNATIVAS DE FUTURO

COMENTARIO DE TEXTO FILOLÓXICO

O TEATRO DE MANUEL MARÍA

O TRATAMENTO INTEGRADO DE LINGUAS

A NARRATIVA ACTUAL

GALEGO TIC NA ERA DA COMUNICACIÓN

ANTONIO FRAGUAS, POR RIBA DE TODO UN  MESTRE

PRESENTACIÓN DO LIBRO-DISCO PONDALIANA

 

 

Metodoloxía que se vai empregar:

As Xornadas serán prácticas xa que se achegarán recursos didácticos que se poidan utilizar posteriormente nas aulas ademais das exposicións teóricas das conferencias.

Plano de avaliacion da actividade:

Recollerase, una vez que se remate a actividade, unha enquisa na que se valorarán os seguintes aspectos:

-cumprimento dos obxectivos da actividade.

-Metodoloxía empregada na actividade.

-Valoración de aspectos como: datas, horarios, espazos ou materiais empregados

Destinatarios:

Profesorado non universitario galego

Criterios de selección:

Por orde de inscrición

Tipo e ámbito de difusión:

A través de cartaces, trípticos e correos electrónicos que se enviarán aos centros e á afiliación

Importe da matrícula e tipos:
Gratuíta : 0 €
Gratuíta : 0 €