Formación
Cursos 
I XORNADAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE
Imprimir
I XORNADAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE  (8 Horas)
Matrícula:  Desde 18/10/2019 até 21/11/2019(o formulario de matrícula estará activo só entre esas datas).
Calendario:  Desde 23/11/2019 até 23/11/2019.
Horario: De 9:45 horas a 14:00 horas e de 16:00 horas a 20:00 horas
Lugar de celebración: IES Rafael Dieste, Ronda de Outeiro, esquina Manuel Murguía, 334. A Coruña
Número de prazas: 100
Prazas para persoas que nunca traballaran como docentes en centros públicos ou concertados da Consellería de Educación:
      Prazas reservadas: 26%       Número máximo de prazas: 26%
Coordenadores: 32792466D
Modalidade formativa: Xornadas
Obxectivos previstos:

-Transmitir ao profesorado asistente información sobre educación emocional que poida repercutir na mellora da integración nos seus centros de ensino.
-Reflexionar sobre a necesidade de potenciar a intelixencia emocional.
-Transmitir ao profesorado asistente información sobre aprendizaxe cooperativa e adquirir estratexias para a introducila na práctica habitual do traballo docente.
-Mostrar experiencias de traballo de atención á diversidade en distintos centros educativos: comunidades de aprendizaxe, integración de alumnado con pluridiscapacidade, técnicas de inclusión etc.
-Mostrar un exemplo de traballo de atención á diversidade desde a ilustración.

 

Contidos:
1.CONFERENCIA. EDUCAR CON 3 CES: CAPACIDADES, COMPETENCIAS E CORAZÓN.MAR ROMERA, mestra, psicopedagoga e especilista en educación emocional.

2.CONFERENCIA. A APRENDIZAXE COOPERATIVA PARA PROMOVER A COHESIÓN, A INCLUSIÓN E A EQUIDADE. JOSÉ RAMÓN LAGO, profesor da Universitat de
Vic-Universitat Central de Catalunya, coordinador del Grup de Recerca en Atenció a la Diversitat

3. EXPOSICIÓN DE EXPERIENCIAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE (levadas a cabo en centros galegos de atención á diversidade)
 3.1. CPI de Castroverde. Como traballar a integración a través de Comunidades de aprendizaxe. Isabel Pérez García e Cristina González Grandas,
profesoras do centro.
 3.2 CPI de Atios- Valdoviño. A integración de alumnado con pluridiscapacidade a través do uso de pictogramas. Inmaculada Fernández Bocelo,
mestra de PT e Juan Ramón Alonso García, mestre de AL.
 3.3. CEIP de Viñas-Poio, un centro para a inclusión: avanzando cara a un cambio metodolóxico. Elena Meis Veiga, orientadora, Naiara Castillo
González-Redondo, directora e titora de infantil e Sonia Sobral Boga, secretaria e titora de primaria.

4. A ATENCIÓN Á DIVERSIDADE. UNHA OLLADA A TRAVÉS DAS VIÑETAS. XOSÉ TOMÁS, profesor de secundaria, ilustrador e escritor.
 O ilustrador e profesor Xosé Tomás fai un relatorio de experiencias e situación reais dunha escola que non sempre acerta na diana da atención
á diversidade. Cunha mirada crítica, e co filtro do humor gráfico, analiza as eivas do noso sistema, así como as enormes posibilidades de renovación
que alberga.
Destinatarios:

Docentes do ensino non universitario. 

Criterios de selección:

Por orde de inscrición. 

Importe da matrícula e tipos:
Asociado/a AS-PG/CIG : 20 €
Parado : 30 €
Xeral : 40 €