Formación
Cursos 
IV Xornada de Literatura Dramática: Cartografías da palabra en acción
Imprimir
IV Xornada de Literatura Dramática: Cartografías da palabra en acción  (8 Horas)
Matrícula:  Desde 21/10/2019 até 21/11/2019(o formulario de matrícula estará activo só entre esas datas).
Calendario:  Desde 23/11/2019 até 23/11/2019.
Horario: Mañá de 09:45 a 14:00 e tarde de 16:30 a 20:30 h.
Lugar de celebración: Espazo Normal da Universidade da Coruña (Paseo de Ronda, 47).
Número de prazas: 50
Prazas para persoas que nunca traballaran como docentes en centros públicos ou concertados da Consellería de Educación:
      Prazas reservadas: 25%       Número máximo de prazas: 25%
Coordenadores: 76573760K 32795752Y
Modalidade formativa: Xornadas
Obxectivos previstos:

1. Achegar ao profesorado coñecementos para o seu traballo na aula en relación coa literatura dramática contemporánea.
2. Facilitar un foro de reflexión útil ao profesorado para comprender e transmitir os valores lúdicos e educativos do xogo que propoñen os textos teatrais.
3. Incidir en prácticas e coñecementos que posibiliten o desenvolvemento de habilidades cognitivas en relación coa práctica teatral. O teatro como vía de coñecemento e pracer.

Contidos:

09:45 Recepción, entrega de documentación e inauguración

10:00-11:10 Mesa redonda: A literatura dramática nas aulas
María Vilariño e Manuel F. Vieites
Moderación: Olivia Pena
Nesta mesa tratarase a situación da literatura dramática nas aulas, abordando as sinerxías presentes e posíbeis entre o ensino e o teatro como forma de enriquecer a sociedade e a creatividade do alumnado, profesorado e dramaturgas/os.

 

11:15-12:20 Mesa redonda: A difusión da literatura dramática hoxe
Inma Doval e Manuel Xestoso
Moderación: Carlos Labraña
Nesta mesa abordarase a difusión da literatura dramática na actualidade e o seu coñecemento por parte da sociedade, para avaliar o estado da comunicación co público interesado na creación teatral contemporánea, e o papel de institucións educativas, revistas, editoras, medios de comunicación, etc., neste ámbito.

 

12:30-14:00 Clase maxistral: O teatro portugués actual
Fernando Matos Oliveira
O autor falará sobre as relacións entre literatura e o teatro, centrándose na traxectoria e situación do teatro portugués contemporáneo, mantendo posteriormente un coloquio co público asistente.

 

16:30-20:30 Festival Pezas dun teatro do porvir.Procesos abertos de escrita dramática
Presentación de 6 proxectos de escrita dramática ou dramaturxia, individuais ou colectivos, de dramaturgas/os que estean a escribir algunha peza nova ou que teñan unha peza recente e queiran abrila ao público, achegando un fragmento ou mostra desta. Entre os 6 proxectos, seleccionouse tamén un proxecto portugués, para comezar a facilitar un intercambio e un diálogo entre as inquedanzas da creación actual galega e portuguesa.

 

Plano de avaliacion da actividade:

- Asistencia ao 85% das horas.
- Entregarase unha enquisa que será cuberta polos/as asistentes.

Destinatarios:

Profesorado do ensino non universitario e futuros/as ensinantes.

Criterios de selección:

Por rigorosa orde de inscrición, tendo preferencia os socios-as e afiliados-as á AS-PG e á AELG.

Importe da matrícula e tipos:
Gratuíta : 0 €