Formación
Cursos 
O galego no ensino. O ensino en galego
Imprimir
O galego no ensino. O ensino en galego  (8 Horas)
Matrícula:  Desde 09/12/2019 até 23/01/2020(o formulario de matrícula estará activo só entre esas datas).
Calendario:  Desde 25/01/2020 até 25/01/2020.
Horario: De 9:45 horas a 14:30 horas e de 16:00 horas a 20:00 horas
Lugar de celebración: IES As Fontiñas, Rúa Estocolmo, nº5, 15707 Santiago de Compostela
Número de prazas: 110
Prazas para persoas que nunca traballaran como docentes en centros públicos ou concertados da Consellería de Educación:
      Prazas reservadas: 26%       Número máximo de prazas: 26%
Coordenadores: 35310267T 32792466D
Modalidade formativa: xornadas
Obxectivos previstos:

-Mostrar distintos modelos de normalización lingüística aplicados no Estado español e reflexionar sobre os seus resultados.

-Reflexionar sobre a repercusión do Decreto de plurilingüismo na situación actual da lingua galega e relación ao momento anterior da súa aplicación.

-Mostrar distintas posturas e iniciativas do profesorado ante a lingua galega no ensino.

-Refexionar sobre o papel da Administración educativa e dos poderes políticos en canto á normalización lingüística.

-Concluír que medidas se poden tomar para impulsar a recuperación da lingua en distintos ámbitos dada a situación actual de retroceso e perda de falantes.

 

Contidos:

1.CONFERENCIA. A LINGUA GALEGA NO ENSINO: ACOMODACIÓN OU NORMALIZACIÓN?. PILAR GARCÍA NEGRO, Profesora da UDC e escritora.

 
2.CONFERENCIA. A ESCOLA NO PROCESO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA DO CATALÁN DE CATALUNYA. PERE MAYÁNS BALCELLS, Xefe do Servizo de apoios e recursos lingüísticos da Consellería de ensino da Generalitat. 
 

3. CONFERENCIA. COMPETENCIA NA LINGUA PROPIA NO SISTEMA EDUCATIVA DA COMUNIDADE AUTÓNOMA VASCA: LUCES E SOMBRAS. PAUL BILBAO SARRIA, Secretario Xeral do Kontseilua (Consello de organismos sociais do éuscaro)
 

4. CONFERENCIA. A RECONSTRUCIÓN DUNHA DESFEITA. ABRIR UN TEMPO NOVO PARA TOMAR A PALABRA. MERCEDES QUEIXAS ZAS, Docente de lingua galega e escritora. 
 

5. DEBATE. O PROFESORADO TOMA A INICIATIVA: POSTA EN COMÚN DE EXPERIENCIAS NORMALIZADORAS ACTUAIS.

   5.1. CIBRÁN ARXIBAI QUEIRUGA, Docente de matemáticas no IES Antón Losada Diéguez.

   5.2. DOLORES OUBIÑA MILLÁN, Docente na Escola de Educación Infantil A Pastora de Cambados.

   5.3. SOFÍA RAMA LORENZO, Docente de lingua e literatura galega no IES Féliz Muriel.

   5.4. COVADONGA RODRÍGUEZ ARGUELLES, Docente e responsábel a Biblioteca do CEIP José María Brea Segade.

   5.5. NEL VIDAL BARRAL, docente de lingua e literatura galega no IES Eduardo Blanco Amor.

 
 CONCLUSIÓNS.

 
6. CONCLUSIÓNS. ANÁLISE DA SITUACIÓN E POSÍBEIS INICIATIVAS A EMPRENDER.

  

 

Destinatarios:

Docentes do ensino non universitario. 

Criterios de selección:

Por orde de inscrición.

Importe da matrícula e tipos:
Gratuíta : 0 €