Formación
Cursos 
XVII XORNADAS DAS MULLERES
Imprimir
XVII XORNADAS DAS MULLERES  (8 Horas)
Matrícula:  Desde 18/02/2020 até 05/03/2020(o formulario de matrícula estará activo só entre esas datas).
Calendario:  Desde 07/03/2020 até 07/03/2020.
Horario: De 9:45 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas.
Lugar de celebración: IES As Fontiñas. Rúa Estocolmo, 5. Santiago
Número de prazas: 90
Prazas para persoas que nunca traballaran como docentes en centros públicos ou concertados da Consellería de Educación:
      Prazas reservadas: 25%       Número máximo de prazas: 25%
Coordenadores: 32792466D 33230641B
Modalidade formativa: Xornadas
Obxectivos previstos:

• Analizar a importancia de traballar desde idades temperás no ámbito do ensino a educación en igualdade para erradicar vellos e novos sexismos.
• Proporcionar ao profesorado técnicas básicas para analizar e estimular a coeducación nas aulas.
• Presentar propostas realizadas en centros educativos que están facendo un esforzo en eliminar estereotipos por razón de xénero e conformar un sistema de valores que desterre o machismo.
• Analizar o papel decisivo da escola como espazo socializador que trasmita valores non sexistas e a prol da igualdade real.

Contidos:

9:45-10:00 h. Recepción e entrega de material.
10:00-11:00 h. Deconstruíndo masculinidades a través da educación. Jorge García Marín, profesor de Socioloxía da educación e socioloxía dos roles de xénero da USC.
Sen dúbida vivimos nun período de grandes cambios nas identidades de xénero grazas ás diferentes ondas do feminismo. Nembargantes moitas masculinidades continúan vivindo na súa melancolia patriarcal sen decatarse dos novos tempos. Aquí aparece a necesidade de apostar pola educación como institución básica para avanzar cara a igualdade, e nesta tarefa convén poñer o foco nas masculinidades. Qué pode facer o sistema educativo? E posible cambiar as reglas de xogo?

11:00-12:00 h. Procedemento de detección, instrución e axuizamento dos delitos sexuais. Ana López Suevos, maxistrada
1-Analizar a realidade do aumento do número de delitos sexuais que se cometen , a súa nova tipoloxía así como o novidoso perfil do autor.
2- Análise crítica da atención e trato que reciben as vítimas por parte do sistema policial e xudicial.
3-Necesidade dun protocolo de coordinación da actuación dos diferentes implicados na resolución destes delitos nas súas diversas fases(centros de ensino e formación, traballadores/as sociais, forzas e corpos de seguridade, xuices/as, fiscais, avogados/as, centros sanitarios, forenses...) co fin de reducir a vitimización secundaria e aumentar a eficacia da investigación.
12:00-14:00 h. Pensar o amor no século XXI. Chis Oliveira, catedrática de filosofía, experta en educación emocional-sexual na adolescencia e Amada Traba, pofesora de Socioloxía da Educación na Universidade de Vigo.
Reflexión sobre as relacións amorosas e a aprendizaxe do amor, homes e mulleres apréndeno e víveno de xeito diferente. Na nosa sociedade o amor é unha construcción social patriarcal e un feito político, e non só unha experiencia íntima e persoal.  Os cambios profundos que se están a vivir interpélannos sobre moitas cuestións relacionadas co amor e a sexualidade, como a obriga do coidado asignada ás mulleres e a súa relación coa economía ou a necesidade de deconstruír a feminidade tradicional e a masculinidade hexemónica.  

16:00-17:30 h. A igualdade dende a lectura. Gracia Santorum, ensinante e autora do blog Trafegando Ronseis.
No IES Laxeiro tentamos que a coeducación sexa un logro e para iso empregamos diferentes armas, entre as cales destaca a lectura. De aí que a nosa biblioteca teña un lugar para os títulos de igualdade no "Vestíbulo da Igualdade" con mil títulos aproximadamente. Asemade, realizamos moitas actividades que se desenvolven ao longo de todo o curso académico dirixidas a todos os niveis do centro.
17:30-19:00 h. O currículo atravesado polo feminismo. Leonor Gala Torres Sabín. Ensinante
Experiencias no IES Johan Carballeira.  Crearmos un centro que aposte pola coeducación é un labor arduo, xa que esixe cambios a nivel de organización, das metodoloxías empregadas e do tratamento dos contidos, mais de facermos ben este traballo, aseguraremos un cambio de perspectiva na visión do noso alumnado, para construírmos un mundo máis xusto e igualitario.
19:00-20:00 h. Actuación "O BENQUERER (SE) DE ALDAOLADO"

Plano de avaliacion da actividade:

- Asistencia ao 85% das horas.
- Seguimento do desenvolvemento da actividade.
- Cumprimentación dunha enquisa por parte dos/as asistentes.

Importe da matrícula e tipos:
Gratuíta : 0 €