Formación
Cursos 
XXIII XORNADAS DE EDUCACIÓN INFANTIL- APRAZADAS
Imprimir
XXIII XORNADAS DE EDUCACIÓN INFANTIL- APRAZADAS  (8 Horas)
Matrícula:  Desde 06/03/2020 até 12/03/2020(o formulario de matrícula estará activo só entre esas datas).
Calendario:  Desde 28/03/2020 até 28/03/2020.
Horario: De 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas.
Lugar de celebración: IES As Fontiñas
Número de prazas: 100
Prazas para persoas que nunca traballaran como docentes en centros públicos ou concertados da Consellería de Educación:
      Prazas reservadas: 25%       Número máximo de prazas: 25%
Coordenadores: 32792466D
Modalidade formativa: Xornadas
Obxectivos previstos:

- Achegarar recursos para traballar na etapa de educación infantil.
- Apostar decididamente por dotar de fins educativos toda a etapa de infantil, (0-6), por entender que desde as idades máis temperás,  nenos e nenas comezan a densenvolver a súa personalidade.
- Intercambiar  experiencias innovadoras de distintos centros de ensino que aportan moito ao resto do profesorado.

Contidos:

PROGRAMA
09:45h. Recepción e entrega de material
10:00h. Ler e escribir. Cando e como. Mª Teresa Neira González, mestra especialista en educación infantil no CEIP Pío XII, creadora de Recursos Educativos Abertos para o proxecto EDIA.
Coñecer os fundamentos e piares da teoría construtivista. Etapas polas que pasa o alumnado no proceso de adquisición da lingua escrita.
Diferenciar unha “Secuencia Didáctica” doutras modalidades de programación.
Aprender a deseñar  “Secuencias Didácticas” estables e puntuais.
Exemplificacións.

12:45h: Regueifa miúda. Alba María, filóloga, cantora, produtora e improvisadora oral.
Partindo da consciencia do propio corpo como elemento produtor de ritmo e que responde a el, transitaremos o país das palabras, os xestos, a música, o baile e con estes iniciarémonos nas pautas básicas da regueifa tradicional: estrutura estrófica, cómputo silábico, ritmo, rima, campos semánticos, metáforas...

16:00h. Ambientes de aprendizaxe e matemáticas. Mónica Corbacho Varela, mestra no CEIP Outeiro das Penas.
A aprendizaxe matemática a través de ambientes ou espazos da liberdade e posibilidade a nenas e nenos de tomar múltiples decisións e de elixir. Incorporar moitos materiais concretos nestes espazos e darlle un acompañamento axustado, converte a aula nun lugar para experimentar e aprender, onde nenas e nenos son os protagonistas e onde poden facer unha aprendizaxe de dentro para fóra e non de fóra para dentro como se dá normalmente.

18:00h. A educación multisensorial como oportunidade de cambio. Begoña Sieira Antelo, Lidia Fuentes Naya e Rocío Castro Chenel, mestras do CEIP Fogar.
O proceso de creación, organización e posta en marcha dunha aula multisensorial. O aproveitamento de recursos como punto de partida da transformación educativa.
19:00h. Disciplina positiva. Con amor nunha sociedade entre iguais. Begoña Varela e Beatriz  García Ramos-Macho de Aulas de Pousada  do CRA Plurilingüe de Vilaboa.
Proposta fundamentada na práctica baseada na relación cotiá establecida con crianzas de 3, 4 e 5 anos. As relacións mantidas no  grupo están sustentadas no respecto mutuo, na valoración de cada integrante do mesmo, na garantía de que cada quen ten un espazo e un tempo para si. Onde o erro é construtivo, onde cabe o perdón, onde está permitido expresar o universo das emocións, onde temos pautas compartidas que regulan a nosa convivencia. Onde podemos falar e ser escoitadas, onde a diferenza nos enriquece e a uniformidade nos oprime.

20:00h. Clausura

Criterios de selección:

 

Por rigorosa orde de inscrición tendo preferencia os socios/as da AS-PG e da CIG-Ensino.

 

Importe da matrícula e tipos:
Gratuíta : 0 €