Formación
Cursos 
I XORNADAS DE HISTORIA DE GALIZA. A NOSA HISTORIA FACÉMOLA NÓS
Imprimir
I XORNADAS DE HISTORIA DE GALIZA. A NOSA HISTORIA FACÉMOLA NÓS  (8 Horas)
Matrícula:  Desde 18/06/2021 até 24/11/2021(o formulario de matrícula estará activo só entre esas datas).
Calendario:  Desde 27/11/2021 até 27/11/2021.
Horario: De 10 a 14h de 16 a 20h
Lugar de celebración: IES As Fontiñas. Rúa de Estocolmo, 5, 15707 Santiago de Compostela.
Número de prazas: 100
Prazas para persoas que nunca traballaran como docentes en centros públicos ou concertados da Consellería de Educación:
      Prazas reservadas: 27%       Número máximo de prazas: 27%
Coordenadores: 35310267T
Modalidade formativa: Xornada
Obxectivos previstos:

-Proporcionar información distintos aspectos da historia de Galiza.

-Analizar con maior concreción períodos históricos períodos decisivos para a historia galega.

-Coñecer e intercambiar distintas propostas didácticas e experiencias aplicables nas aulas.

-Empregar as TIC para o ensino da historia.

Contidos:

MAÑÁ

9:45 h. Entrega de material e inauguración.

CONFERENCIAS

10:00 h. Escreber a Historia en feminino. AURORA MARCO, especialista en estudos de xénero e memoria histórica.

11:00 h. Proposta sobre contidos de Historia medieval de Galicia. ANSELMO LÓPEZ CARREIRA, profesor da UNED.

12:00 h A Historia de Galiza nos currículos. XOSÉ  EMILIO VICENTE, profesor de Xeografía e Historia no IES Alfredo Brañas de Carballo e membro do grupo DIXIT.

13:00 h A vixencia da investigación e divulgación da nosa Historia: presentación das revistas: Murguía e Mazarelos

          Mazarelos na rede e na rúa : David Miguel Rodríguez Martínez e Roque Sanfiz Arias, editores da revista.

          Murguía. Revista Galega de Historia: MIGUEL GARCÍA-FERNÁNDEZ, historiador especializado na Idade Media e PRUDENCIO VIVEIRO MOGO, historiador especializado na Idade Contemporánea; membros do Consello Editorial da revista e directivos do Instituto Galego da Historia.

TARDE

MÁIS ALÁ DAS CLASES MAXISTRAIS: NOVAS METODOLOXÍAS  DIDÁCTICAS PARA A MATERIA DE HISTORIA:

16:00 h. De profesión arquólog@. PAULA CADAVEIRA LÓPEZ, profesora de Xeografía e Historia no IES Plurilingüe Eusebio da Guarda.

16:45 h Levamos Al-Andalus dentro? Un proxecto de investigación interdisciplinar en 2º da ESO. CARLOS LIXÓ, profesor de Xeografía e Historia no IES A Paralaia de Moaña.

17:30 h XEOCAMBADOS.Traballo interdisciplinar. IES Ramón Cabanillas de Cambados.  JORGE PÉREZ MACEIRA, profesor de Bioloxía, e DUARTE CORREA profesor de Xeografía e Historia

PROXECCIÓN E COLOQUIO

18.15 h Reboiras. Acción e corazón. ALBERTE MERA, guionista e director.

Metodoloxía que se vai empregar:

Combinarase a exposición teórica das persoas relatoras cos coloquios e intervención das asistentes.

Plano de avaliacion da actividade:

Recollerase, unha vez que se remate a actividade, unha enquisa na que se valorarán os seguintes aspectos:

-Cumprimento dos obxectivos da actividade.

-Metodoloxía empregada na actividade.

-Valoración de aspectos como: datas, horarios, espazos ou materiais empregados.

-Observacións das persoas asistentes.

Importe da matrícula e tipos:
Gratuíta : 0 €