Formación
Cursos 
XIV Xornada de Literatura de Tradición Oral: O medo é libre.
Imprimir
XIV Xornada de Literatura de Tradición Oral: O medo é libre.  (8 Horas)
Matrícula:  Desde 23/09/2021 até 02/11/2021(o formulario de matrícula estará activo só entre esas datas).
Calendario:  Desde 30/10/2021 até 30/10/2021.
Horario: Mañá de 10:15 a 14:00 e tarde de 16:00 a 20:30h
Lugar de celebración: Salóns de Actos da Deputación de Lugo (Rúa San Marcos, 8, 27001, Lugo)
Número de prazas: 60
Prazas para persoas que nunca traballaran como docentes en centros públicos ou concertados da Consellería de Educación:
      Prazas reservadas: 30%       Número máximo de prazas: 30%
Modalidade formativa: Xornada
Obxectivos previstos:

1.  Achegar ao profesorado coñecementos para o seu traballo na aula en relación coa cultura popular tradicional.
2.   Información sobre a presenza do tema proposto en relación coa literatura popular galega de tradición oral.
3.   Avaliar a importancia do coñecemento destes temas da cultura transmitida por vía oral na formación do alumnado.
4.   Dar a coñecer formas e xéneros da Literatura de Tradición Oral.

Contidos:

   PROGRAMA

XIV Xornada de Literatura de Tradición Oral: O medo é libre. Os mecanismos do medo na literatura de tradición oral.

10.15 Recepción, entrega de material e inauguración

10.30-11.30 Conferencia O medo non é libre, Ana Carreira
 
11.30-12.30 Conferencia Días de contar e cantar: poemas para escorrentar o medo, Federico Martín Nebras

12.30-14.00 Mesa redonda Onde habitan os monstros, mais... habita a palabra?, Ana Carreira e Federico Martín Nebras
Coordina: Lois Pérez
 
16.00-17.00 Conferencia Arco da Vella, vaite de aí... Relatos míticos que explican porque esconxuramos ó Arco, Lidia Mariño
 
17.00-18.00 Conferencia As caras do medo: Narrativas, tipoloxías e caracterizacións na mitoloxía popular galega, Antonio Reigosa

18.00-19.30 Mesa redonda O medo na mitoloxía popular. Figuras e contexto, Lidia Mariño e Antonio Reigosa
Coordina: Cesáreo Sánchez Iglesias
 
19.30-20.30 Sesión práctica De medos, maxias, músicas e beleza, Benxamín Otero

Plano de avaliacion da actividade:

Asistencia ao 85% das horas.
Seguimento do desenvolvemento da actividade.
Entregarase unha enquisa que será cuberta polos/as asistentes.

Destinatarios:

Profesorado do ensino non universitario e futuros ensinantes do ensino non universitario.

Criterios de selección:

Por rigorosa orde de inscrición na www.as-pg.gal, tendo preferencia os socios-as da AS-PG e da AELG.

Importe da matrícula e tipos:
Gratuíta : 0 €