Formación
Cursos 
XV Xornada de Literatura de Tradición Oral: "Entroido: Transgresión e tradición"
Imprimir
XV Xornada de Literatura de Tradición Oral: "Entroido: Transgresión e tradición"  (8 Horas)
Matrícula:  Desde 22/09/2022 até 26/10/2022(o formulario de matrícula estará activo só entre esas datas).
Calendario:  Desde 22/10/2022 até 22/10/2022.
Horario: Mañá de 10:15 a 14:00 e tarde de 16:00 a 20:30h.
Lugar de celebración: Salón de Actos da Deputación Provincial de Lugo, rúa San Marcos s/n
Número de prazas: 100
Prazas para persoas que nunca traballaran como docentes en centros públicos ou concertados da Consellería de Educación:
      Prazas reservadas: 25%       Número máximo de prazas: 25%
Modalidade formativa: Xornada
Obxectivos previstos:

1. Achegar ao profesorado coñecementos para o seu traballo na aula en relación coa cultura popular tradicional.

2. Facilitar ao profesorado un foro de reflexión útil para comprender e transmitir os valores transversais da nosa cultura.

3. Incidir en prácticas e coñecementos que posibiliten o desenvolvemento de habilidades cognitivas en relación coa cultura popular.

4. Información sobre a presenza do tema proposto en relación coa literatura popular galega de tradición oral.

5. Avaliar a importancia do coñecemento destes temas da cultura transmitida por vía oral na formación do alumnado.

6. Dar a coñecer formas e xéneros da Literatura de Tradición Oral

 

Contidos:

PROGRAMA

 

10.15 Recepción, entrega de material e inauguración

 

10.30-11.30 Conferencia

Variedades de sons, músicas,voces, contos e rivalidades nalgúns dos entroidos galegos: tradición e aculturación

Felipe Senén

 

11.30-12.30 Conferencia

O mundo do revés : Teatro de entroido en Galicia

Julio I González Montañés

 

12.30-14.00 Mesa redonda

Felipe Senén e Xosé Manuel González Reboredo

Coordina: Lois Pérez

 

16.00-17.00 Conferencia

Os entroidos históricos da bacía do Támega: as súas máscaras tradicionais

Nieves Amado Rolán

 

17.00-18.00 Conferencia

Viaxe polo mundo da máscara

Mercedes Vázquez Saavedra

 

18.00-19.30 Mesa redonda

Nieves Amado Rolán e Mercedes Vázquez Saavedra

Coordina: Antonio Reigosa

 

19.30-20.30 Sesión práctica

Achega á Máscara de Entroido. Unha visión desde dentro

Xosé Manuel Seixas

 

Plano de avaliacion da actividade:

Asistencia ao 85% das horas.

Seguimento do desenvolvemento da actividade.

Entregarase unha enquisa que será cuberta polos/as asistentes.

 

Destinatarios:

Profesorado do ensino non universitario e futuros/as ensinantes do ensino non universitario

Importe da matrícula e tipos:
Gratuíta : 0 €